AVALIACIÓN DE MÉRITOS
Méritos de acordo co art. 3 das normas de xestión de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Santiago, contidas no acordo regulador – convenio colectivo vixente de aplicación:
Méritos de acordo co art. 3 das normas de xestión de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Santiago, contidas no acordo regulador – convenio colectivo vixente de aplicación:
“(...) B.–Concurso de méritos: ata un máximo de 40 puntos (40%): a puntuación por este concepto virá dada pola suma dos seguintes apartados:
1.–Por servizos prestados na administración como funcionario no mesmo corpo, escala e subescala, ou como persoal laboral na mesma categoría profesional: 1 punto por mes ata un máximo de 24 puntos.
2.–Por cursos de formación ata un máximo de 8 puntos, relacionados cos contidos das prazas a desempeñar, e impartidos pola Administración Pública (entendendo por tales as administracións territoriais e as que teñen competencias educativas, as organizacións sindicais e empresariais dentro do marco dos programas de formación continua do Map ou FORCEM e as asociacións de entidades locais) ou homologados polas anteriores: valoraranse a 0,06 puntos por hora de formación recibida, e se se tratase de monitores ou docentes destes cursos, a valoración será de 0.03 puntos por hora impartida.
3.–Por posuír unha titulación académica de nivel superior, distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso, computándose soamente o título de maior nivel dos alegados.
– Título de doutor: 4 puntos.
– Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 3 puntos.
– Título de enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado universitario, ciclo formativo de grao superior: 2 puntos.
– Título de bacharelato superior, ciclo formativo de grao medio ou equivalente: 1 punto.
4.–Coñecemento da lingua galega.
a) Para listas correspondentes a prazas dos grupos A1, A2 e C1 (anteriores grupos A,B e C) Valorarase con 1 punto estar en posesión do nivel Celga 4 ou superior (anterior curso de perfeccionamento). Para acceder a listas correspondentes a prazas dos grupos C2 e C3 sen esixencia de titulación (anteriores grupos D e E) valorarase con 1 punto a posesión do nivel Celga 1 ou superior (anterior curso de iniciación).
b) Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para a administración local, expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística:
Nivel inicial ou básico: 0,50
Nivel medio: 1.00
Nivel superior ou especialización: 2.00
Só se puntuará o de nivel superior acreditado.
5.–Pola inscrición acreditada como demandante de emprego nos últimos dous anos , ata 1 punto: 0,08 por cada mes completo ou fracción superior a quince días.
A puntuación final de cada aspirante, que determinará a orde de prelación na lista de agarda, virá dada pola suma dos apartados A e B anteriores (suma da valoración das probas selectivas mais a valoración dos méritos acadados no concurso).
Con independencia da puntuación acadada nos apartados anteriores, sumarase unha puntuación adicional, que virá dada pola posesión da condición acreditada de minusválido, segundo a seguintes escala:
- Minusvalía entre o 33 e o 65 %: 10 puntos.
- Minusvalía superior ao 65%: 20 puntos.

